Curriculum.

Esta Coral é froito e continuación doutra dirixida e fundada por Rosa González Mahía no Centro Galego de Lleida. Esta primeira, contaba cunha trintena de voces mixtas e deixou de funcionar durante catro anos aproximadamente pola ausencia da súa directora quen volverá crear outra en 1990. Neste caso foi bautizada co nome actual de CENGALLEI e formábana un puñado de homes, exclusivamente, ademais da directora motivo polo cal se considerou unha Coral masculina ata o ano 2002 en que se incorporaron algunhas voces femininas tamén, aínda que maioritariamente sexan voces de homes as dominantes ata hoxe. Os seus compoñentes son: Azucena Terceiro, Delmira Gómez, Juani Martínez, Sara Fonseca, Maribel Del Olmo Arguisuelas, Antonio Sanmartín, Juan Carlos Rodríguez, Florentino Vera, Albert Vilanova, Manolo Buján, Feliciano Esteban, José A. Barreiro, José Luís Raposo, Mariano Biela, Juan Rodríguez e a súa directora, Rosa González Mahía.

Esta bonita actividade desenvólvese achegándolle a Lleida a riqueza folclórica-cultural, na vertente da música coral, do pobo galego sintonizándose coa de Cataluña e outros pobos de España.

A súa tarefa constitúea, en primeiro lugar, o gozo de cantar ,e despois a proxección social ou benéfica da propia interpretación musical en tódolos Centros e pobos que o pidan.

De todos é coñecida a súa participación ano tras ano nas Residencias Juana Jugan, Aytona, Sagrat Cor, e a Unicef, Mans Unidas, Maratón TV3, Hospital Provincial, Recital pro damnificados do “Prestige”, pro ADIA (desenvolvemento pola infancia d`Africa), en “L`Auditori Enric Granados”, Letras Galegas no Instituto de Estudos Ilerdenses, celebracións litúrxicas a Grenyana, Sant Jaume, Oratorio das Dores, Capela da Virxe Branca, Catedral de Lleida, igrexa de San Pere, S. Pau, S. Andrés, S. Joan, igrexa da Mercé, A Seu Vella e, fóra de Lleida, Vilanova da Barca, Viehla, Andorra la Vella, L`Albi, Preixana, Soses, Torres de Segre, Raimat, Salàs de Pallars, Tarragona, Sabadell, Mollet del Vallés, Barcelona (ás “Xuntanzas” anuais), Barbastro, Nuévalos, ademais de recitais de Panxoliñas e poesía no Matadeiro, Paeria…

En fin, moitas son as súas actuacións que os obriga a andar cada vez máis conscientemente, polos camiños do entusiasmo e a calidade, buscando o perfeccionamento do canto coral polo ben de todos os seus seguidores e da música en xeral.