O Centro leva a cabo durante todo o ano moi variadas actividades culturais e sociais. Así entre as culturais destaca: Semana Cultural, ciclos de conferencias, taller de debuxo para os nenos, día das Letras Galegas, Xornadas culturais en colaboración coa Federación de Casas e centros Rexionais de Lérida, charlas informativas que organiza a Vocalía da Muller do Centro, etc. Ademais, celebran diferentes cursos, como baile galego, informática e debuxo, así como reunións gastronómicas e recreativas.

Mención especial merece o seu coral Cengallei, que participa nun sen fin de actos solemnes ao longo do ano, tanto en conmemoraciones relixiosas ás que acode invitada, como en recitales en teatros xunto con outras corales das Casas Rexionais de Lleida, ou actuacións nos principais centros de acolleita da rexión, e nos principais Auditorios.

Entre as múltiples actividades recreativas e sociais que realizan hai que destacar a modo de exemplo as seguintes:

A Vocalía da Muller, no local social do Centro, cada martes e xoves, desenvolve cursos de manualidades

A Vocalía da Muller, ten previsto organizar diversos actos e excursións.

Matanza do Porco prevista para o cuarto domingo de xaneiro.

Semana cultural da Entidade, que se celebra coincidindo, ca semana de carnaval

CALÇOTADA. O segundo Domingo do mes de Marzo, celebrarémo-la tradicional CALÇOTADA na Ermida de Grenyana (mesmo sitio que nos anos anteriores) na que terá lugar a Santa Misa (ás 11 horas) cantada polo noso coro CENGALLEI. Os asistentes á Calçotada terán que ir provistos de garfos e panos de mesa. Haberá mesas e cadeiras.

Feria del Marisco en Lleida. No primeiro fin de semana do mes de abril, na explanada do campo de Futbol, esta previsto que se celebre a XVª feira do Marisco en Lleida.

ORATORIO DA NOSA SEÑORA DAS DORES. O sábado día 28 de Marzo, celebrarase o DÍA DA CONFRADEIRÍA DO CENTRO GALEGO DE LLEIDA. Ás 19,45 horas, acto da Congregación con rezo da COROA DOROSA, e, ás 20 horas, a Santa Misa cantada pola CORAL CENGALLEI á que temos que asistir tódolos cofrades, socios, amigos e familiares.

A Cofradía do Centro participará nas procesións de Domingo de Ramos e do Venres Santo.

O terceiro domingo do mes de Abril, a partir das 11,30 horas, o noso Centro e coa colaboración da Vocalía da Muller, previu organiza-la FESTA DO POLBO, no “Mercat de Pardinyes Barris Nord”, co fin de dar a coñecer os nosos costumes e gastronomía.

Festa Maior de Lleida. Actuación dun Grupo na Praza San Juan. Participación na Verbera dos Campos Elíseos. Ofrenda de Flores a San Anastasio. Participación na batalla de Mouros e Cristiáns da Vocalía da Muller do Centro.

Día das Letras Galegas: O último Sábado do mes de Maio no “Institut de Estudis Ilerdencs”.

No Mes de Xuño, ás 20 horas no aula de Teatro Municipal de l`Escorxador, celebrarase anha nova edición do certamen poético-musical organizado pola Federación de Casas Rexionais de Lleida, no que está previsto que interveñan as entidades asociadas, comezando a Coral Cengallei.

Festa do Apóstolo Santiago no mes de Xullo.

Festa de Breogán no mes de Outubro. É a festa propia do Centro, que se celebra cada ano nunha localidade diferente da provincia.

O Sábado de outubro/novembro celebraremos “O DÍA DE TÓDOLOS SANTOS”, con asistencia ás Santa Misa na Parroquia de Sant Jaume, cantada pola nosa Coral Cengallei. Posteriormente no noso local Social, celebrarase o tradicional magosto.

No mes de decembro, ás 19,30 horas, o noso CORO CENGALLEI, participará no RECITAL DE NADALES, que organiza a Federación de Centros e Casas Rexionais de Lleida en colaboración con la -MARATÓ TV3.

No mes de Decembro, ás 14,00 horas, a Vocalia da Muller con motivo da festividade de Santa Lucia, ten previsto organizar un xantar no restaurante do Centro.

Nova edición do número 35 da  revista Xurdimento, con una periodicidade anual, na que se recollen artígos de temática galega, castelana e catalana.